Páginas

27 de outubro de 2010

Programa nº 3 de Atenta



Neste programa nº 3 de Atenta! falamos dos seguintes temas.

Falamos das suxerencias que nos chegan o correo electrónico sobre temas dos que falamos no programa.

Falamos tamen do portal Wikileaks e a guerra de Irak.

Lle dimos un suspenso rotundo o periodico El Mundo, por o artigo do seu magazine do 17 de outubro, titulado Madre o Vaca, no que faise un ataque directo a Lactancia Materna.

Falamos tamen do cartos co goberno de Zapatero mandou a Haiti como axuda humanitaria e comparamos esta cantidade con outras cousas que se poden facer coa mesma cantidade e o pequena que se queda se o comparamos coa asignacion que teñen la casa real ou a igrexa catolica.


Na cociña fixemos unha ensalada variada.

E na sección de sexo fixemos unha comparación do pracer que produce facer o amor , tomar analxesicos ou consumir cocaina.

Abrimos una nova sección titulada As Aulas, onde falaremos sobre un libriño de obrigada lectura no que se analiza o sistema de pensións baixo o titulo "¿ Están en perigo as pensións públicas?" De Juan Torres, Vicenç Navarro e Alberto Garzón Espinosa e editado por ATTAC


A música que nos acompañou desta vez foi:

"Quiero más" de Che Sudaka
"Jonny" da Polla Records
"Barruntando" e "Merda do cu" da Compañía do Ruido
"Como o vento" dos Diplomáticos de Monte Alto.




Descargar o audio

19 de outubro de 2010

Programa nº 2 de Atenta

Neste programa nº 2 falamos das seguintes cousas:


Do concepto de radio libre a raiz dunhas criticas que nos fixeron por que desde Atenta lle dimos un suspenso a Radio Kalimera polos seus informativos.


Fixemos unha cronica do que aconteceu en Vigo este domingo 17 de Outubro no III Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.


Falamos dun artigo sobre un conflicto tan manipulado como é o do asunto do carbón e as centrais térmicas atopado na web Artabra21


Falamos da pelicula "Cinzas no ceo" que trata sobre a contaminación das centrais térmicas.


Lembramos o Magosto en memoria de Anita, que terá lugar o 24 de outubro no Galicia de Caranza.


Fixemos o Camiño a Teo.
O día 6 de novembro chega o Papa a Compostela. Unha visita que durará exatamente 7 horas e 45 minutos e que custará ao erário público 4 millóns de Euros. Se queres fuxir da cidade e non sabes a onde, Sei o que nos Figestes e komunikando.net convidante a facer “O camiño a Teo”.


Fixemos uns ovos de San Xosé.


E falamos da primeira pelicula porno en galego e baixo licencia Cretive Commons "O divino ferrete".


Escoitamos a:

A Matraca Pervesa con seu tema "Mass Circus Mass Media"

E escoitamos o "Watercumbia" de Lamatumba interpretada  pola primeira formación deste grupo.



Descargar o audio

12 de outubro de 2010

Programa nº 1 de Atenta.

Neste programa trataronse os seguintes temas:


12 de outubro dia dá resistencia indixena
Latinoamérica conmemora Día da Resistencia Indíxena
Os pobos latinoamericanos conmemoran, con distintos nomes, a data na que comezou a opresión colonialista xenocida que se prolongou por máis de tres séculos...

III Acción Internacional da Marcha Mudial das Mulleres
Falouse cunha muller da MMM de Vigo onde o vindeiro 17 de outubro vaise realizar a  Acción Nacional Galega, con diversas actividades, exposicións e obradoiros, que terán como eixe central a constitución dun Tribunal de Acusación, a través do cal visibilizarase e denunciarase a situación que están vivindo as mulleres na RD do Congo.

Magosto en memoria de Anita.
Convocatoria para asistir o vindeiro 24 de novembro às 5 da tarde no Galicia de Caranza para celebrar o magosto que organizan as amigas, amigos e familia de Ana Paz Rodríguez, para lembrar o seu primer cabodano.

Manifesto das asociacións ecoloxistas a raiz do recen saido Decreto do Carbón.
As principais organizacións de defensa ambiental, entre elas Verdegaia, presentaron o manifesto “Dez razóns para pechar as térmicas de carbón”, no que se opoñen ao decreto estatal que favorece a queima de carbón espanhol nas centrais térmicas, mais non porque prejudique as centrais galegas de Meirama e As Pontes -que usan só carbón importado desde 2008- senón porque o carbón é o combustible fósil máis contaminante.

Na sección suspenso e aprobado
Dimoslles un suspenso aos contrainformátivos espontaneos do 6 de setembro da Radio Kalimera pola critica totalmente destructiva e sen argumentos que fan dos sindicatos e da foga xeral do 29 de setembro.Extendimos o suspenso a Rádio Filispim por emitir uns contrainformátivos carentes de cualquier tipo de argumentación.
E lle dimos un aprobado a unha xuiza de Ferrol que fallou a favor dun emigrante que vendia no top manta.

Na seccion de cociña
Fixemos unha Crema de Leituga, a recita colgaremola no apartado de Cociña neste blog.

Na sección de sexo
Falamos do libro "Peter Pan puede crecer" de Antoni Bolinches
Peter Pan é un personaxe que nunca existiu, pero o seu perfil de mozo inmaduro que non quere crecer cada día está máis presente na nosa sociedade. Cales son as causas que provocaron a proliferación de tantos homes con medo ao compromiso que se negan a evolucionar e a comportarse como adultos? Que pode facer o propio home Peter Pan para deixar de selo?
Esas son as dúas preguntas que contesta este apaixonante libro chamado a convertise nunha guía imprescindible para que os mozos do século XXI atopen o xeito de crear un novo modelo de relacións de xénero no que os homes deixen de refuxiarse no País de Nunca xamais e decidan orientarse cara ao País do Presente e o Agora. Alí atoparán a mulleres que xa non queren ser como Wendy, pero están dispostas a construír con eles un futuro mellor para todos.
ANTONI BOLINCHES (Barcelona 1947) é Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación con grao de Licenciado en Psicoloxía e Máster en sexualidade humana. É un dos introductores da psicoloxía humanista en España e, desde este enfoque, especializouse no tratamento dos conflitos de parella, as disfuncións sexuais e as terapias de crecemento persoal



MÚSICA QUE NOS ACOMPANHOU:

"Shingonbelene"  do cantautor galego Narf
"Somos viento" de Amaparanoia
"Ninguem" de Quempallou e DKTC
"Igrega Catodica" de Galegoz
"Sintonia do programa ATENTAAAAAAA"


Descargar o audio