Páginas

28 de fevereiro de 2011

Atenta nº 19 [22-02-2011]

Contidos:

Entrevista con Manoel Santos, militante altermundista, presidente e fundador de Altermundo.org; que estivo no Foro Social Mundial celebrado en Dakar.

Na cociña fixemos un postre con laranxas e falamos dos venenos que botan as laranxas para darlles ese aspecto que que as fai tan apetitosas á vista.


Sacamos a luz un concurso, Concursa con Atenta!!!

O cuncurso trata do seguinte:
Lemas para chapas: QUE LEVARIAS TI NA CHAPA?



Música:

Africa - Dusminguet
Quiero más - Che Sudaka
Cousa bonita - Bonovo


Descargar o audio

18 de fevereiro de 2011

Atenta!! nº 18 [15-02-2011]

Contidos:

Novas sobre a situación dos buques gaseiros que estan na boca da ría de Ferrol a espera de poder entrar na ría para poder descargar o gas na Planta de Reganosa. Para iso falamos co Comité Cidada de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

O galego e a galegofobia no programa Gran Hermano.

Na cociña fixemos un flan de intxaursalsa
E na sección de sexo falamos da pregunta que plantexabamos esta semana ¿ E posible compaxinar loita e resistencia?

E o noso novo reto é ¿Como se fai mellor en galego ou en castelán?

Música:

Ninguén parece escoitar - Quant
Verbenero - Los forfiestas
Coa lingua de fora - Quempallou



Descargar o audio

10 de fevereiro de 2011

Atenta!! nº 17 [08-02-2011]


No noso programa nº17, intentamos buscar a conexión entre as seguintes noticias:

Neno secuestrado pola sua nai nun Centro de Menores de Redondela.23/1/2011

A Xunta compra por cinco millóns de euros o Castelo de Pambre.25/1/2011

400 denuncias por nen@s recén nacidos roubados das clínicas.12/1/2011


Para desentrañar este misterio tameń recomendamos a visualización dos documentais:

http://www.rtve.es/mediateca/videos/20081207/los-ninos-robados-del-franquismo-reclaman-memoria/356136.shtml

http://www.rtve.es/noticias/20101130/cronicas-vidas-robadas/377568.shtml

O programa ATENTA comprometeuse a realizar un segundo programa analisando a relación de toda esta información coa recén aprobada polo Parlamento galego " Nova Lei de Familia"


Na cociña fixemos uns Pementos Recheos de Tenreira.

E na nosa sección de sexo leimos as respostas as pregunta do programa anterior e lanzamos unha nova pregunta que tod@s podedes contestar no noso blog atentarfm.blogspot.com.
A pregunta é : “ ¿É posible compaxinar loita e resistencia con sexualidade?”
Podedes respostala facendo un comentario a esta entrada ou mandando un correo electrónico a atenta.rfm@gmail.com


Música:
·         Una lágrima en el suelo
·         Matilda Landa
·         Sotanas
Dandy Fever – Baila Ska  Mais info



Descargar o audio

2 de fevereiro de 2011

Atenta!! nº 16 [01-02-2011]

Contidos:

Hoxe entrevistamos as duas mulleres representantes da Federación de ANPAS de Ferrol, con elas falamos dunha problemática xurdida en torno as actividades extraescolares e comedores das crianzas nas escolas de Ferrol.

Na cociña fixemos Queixo fresco con kiwi, amorodos e noces.

PREGUNTA PARA SER COMENTADA NO SEGUINTE PROGRAMA DE ATENTA, ESCRIBENOS UN COMENTARIO PARA RESPOSTALA.

En que vai a influir a nivel da na nosa sexualidade o decretazo das pensions?


Música:

Deitado frente o mar - García MC
Andrew's som - Sacha na Horta
Cantalingua mola! - Mon Sozinho



Descargar o audio