Neste programa falamos sobre as eleccións, falamos tamen de Reganosa e do perigo que supon para as nosas vidas a entrada de gaseiros en condicións meteoroloxicas adversas. Tamen puxemos un audio "¿Podemos prescindir do Galego? audio dun video onde Carlos Blanco nos fala da necesidade dos medios de comunicacion publicos e galegos. E falamos tamén do 25 de novembro. Día Internacional da Violencia Machista. Escoitamos música de Lamatumba, Julie Guravich, e Transilvanians.
Continuamos cos programas adicados á Banca Etica, nesta ocasión falamos con Raul Asegurado presidente de FIARE GZ
Falamos das ultimas novidades do Comité Cidada de Emergencia que puxeron en marcha uns folletos nos que se nos explica as dez razóns polas que a Planta de Gas de Reganosa ten que sair das nosas vidas.
Na cociña fixemos un Pavé de Chocolate.
Música:
Lamatumba - Varias cancións de "Lume para que saia o sol"
Contido:
Falamos da crise económica de Portugal e do día internacional do pobo cigano e das últimas novas chegadas de Hungría. Na cociña fixemos unha tarta á cervexa.
Música:
José Afonso - Vampiros
Deolinda - Parva que som
Paulo Carvalho - E despois do adeus
Himno Internacional do Pobo Cigano - Gelem Gelem
Jorge Mirancos - Canto moço
Neste programa falamos da Lei de Familia aprovada pola Xunta de Galicia.
Na cociña fixemos un prato típico de Libia, concretamente Mazas asadas con queixo.
Música:
Imagine - Noa e Khaled La familia, la propiedad privada y el amor - Silvio Rodríguez Direito o nosso corpo - Varias mulheres brasileiras Desertor - Lamatumba.
1.Falamos sobre a Lei de augas de Galicia, lei coa que o Partido Popular pretende privatizar este recurso natural. Para saber das loitas que estanse levando a cabo para derrogar esta lei falamos con Carmen Freire, Secretaría Xeral do Sindicato Labrego Galego, tamén falamos dos actos organizados en Ferrolterra pola Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga e da manifestación convocada para este domingo 20 de marzo en Compostela.
Falamos tamen de dos documentais que tratan sobre a privatización da auga que son: Flow: por amor ao auga Sed:invasión gota a gota
2.Na sección de cociña fixemos : Sopa de espinacas
3.E continuamos co concurso: QUE LEVARÍAS TI NA CHAPA.
Concurso sobre lemas para poner nunha chapa, a persoa gañadora deste concurso levará un premio que ainda esta por decidir pero podería a chapa co seu lema, un cd recopilatorio das músicas de Atenta ou unha camisola de Rádio FilispiM.
Para participar escribide un comentario en esta entrada ou ben para poder saber quen eres escribirnos a atenta.rfm@gmail.com.
Os lemas ate agora son:
•BUSCO AMANTE INTERNACIONALISTA PARA SEXO SEM FRONTEIRAS •A AUGA E PARA Á VIDA COMO OS BEIJOS PARA A ALEGRÍA. •BUSCO BEIJOS PARA BEBER ALEGRÍA •A AUGA E O AMOR NOM SOM MERCADORIA
Música:
Se chove – Quempallou
Pinguinha – Amacuaca
Nuclear sí – Aviador Dro
Programa especial sobre o 8 de marzo. Día Internacinal da Loita Feminista
Contidos:
Neste programa especial, falamos da historia do 8 de marzo, falamos cunha integrante da Marcha Mundial das Mulleres para que nos contase os actos preparados para a celebración deste día na Galiza, e tamen leimos o comunicado da Marcha
Música: Respect - Aretha Franklin Instinto Basico – Marisol Manfurada Kapire – Himno Internacional da MMM As mulheres do Minho – Dulce Pontes
Novas sobre a situación dos buques gaseiros que estan na boca da ría de Ferrol a espera de poder entrar na ría para poder descargar o gas na Planta de Reganosa. Para iso falamos co Comité Cidada de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
O galego e a galegofobia no programa Gran Hermano.
Na cociña fixemos un flan de intxaursalsa
E na sección de sexo falamos da pregunta que plantexabamos esta semana ¿ E posible compaxinar loita e resistencia?
E o noso novo reto é ¿Como se fai mellor en galego ou en castelán?
Música:
Ninguén parece escoitar - Quant Verbenero - Los forfiestas Coa lingua de fora - Quempallou
O programa ATENTA comprometeuse a realizar un segundo programa analisando a relación de toda esta información coa recén aprobada polo Parlamento galego " Nova Lei de Familia"
Na cociña fixemos uns Pementos Recheos de Tenreira.
E na nosa sección de sexo leimos as respostas as pregunta do programa anterior e lanzamos unha nova pregunta que tod@s podedes contestar no noso blog atentarfm.blogspot.com.
A pregunta é : “ ¿É posible compaxinar loita e resistencia con sexualidade?”
Podedes respostala facendo un comentario a esta entrada ou mandando un correo electrónico a atenta.rfm@gmail.com
Hoxe entrevistamos as duas mulleres representantes da Federación de ANPAS de Ferrol, con elas falamos dunha problemática xurdida en torno as actividades extraescolares e comedores das crianzas nas escolas de Ferrol.
Na cociña fixemos Queixo fresco con kiwi, amorodos e noces.
PREGUNTA PARA SER COMENTADA NO SEGUINTE PROGRAMA DE ATENTA, ESCRIBENOS UN COMENTARIO PARA RESPOSTALA.
En que vai a influir a nivel da na nosa sexualidade o decretazo das pensions?
Música:
Deitado frente o mar - García MC Andrew's som - Sacha na Horta Cantalingua mola! - Mon Sozinho
Contidos:
Entrevista con Manoel Santos membro de Altermundo, ; falamos con el sobre o proximo Foro Social Mundial que se celebrará en Dakar e no que vai participar e sobre situación ao respecto de Tunicia.
Na sección de cociña fixemos unha cabaciña rechea de queixo de Moeche e xamón serrrano
E na nosa sección de sexo falamos do libro El Kamasutra Católico
Música: Buratos – Ruxe Ruxe Cosmopolitan Time – Che Sudaka I want it all – The Prague Conspiracy.
Contido: Mesa debate sobre a crisis, reforma das pensións, convocatoria de Folga Xeral da Central Sindical CIG, para elo contamos coa presencia, nos estudos de Rádio Filispim, de Rafael Pillado e Joam Lopes, dous sindicalistas, analistas e activistas sociais da comarca de Trasancos.
Música: INEM - Ruxe Ruxe Intro To trabajo de bajo trato - La via muerta.
Na cociña fixemos Pescada primavera. Música: Lucrezia - Fermín Muguraza Mazurca de Filispin - Os Cempes El Optimista - Alamedadosoulna Herdeiros dunha dictudura - Dios que te Crew
Botamos unha visuada de como se presentan as cousas no mundo:
Convocatoria de Folga Xeral para o 27 de Xaneiro pola Central Sindical CIG
Movilizacions sociais en Bolivia.
Comunicado do Comité Cidada de Emerxencia ante a "legalidade" da Planta de Gas Reganosa.
Ollada ao mundo as portas do ano novo. Conflitos armados no mundo. Concretamente en Exipto.
Na cociña fixemos : Arroz con leite E na sección de sexo, nos plantexamos a pregunta de ¿Como fara a xente para fumar o pitillo de despois de facelo agora que aprovouse a nova lei antitabaco?