Páginas

23 de março de 2011

Atenta!! nº 22 [22/03/2011]

Contido:

Neste programa falamos da Lei de Familia aprovada pola Xunta de Galicia.

Na cociña fixemos un prato típico de Libia, concretamente Mazas asadas con queixo.

Música:

Imagine - Noa e Khaled
La familia, la propiedad privada y el amor - Silvio Rodríguez
Direito o nosso corpo - Varias mulheres brasileiras
Desertor - Lamatumba.



Descargar o audio

16 de março de 2011

Atenta!! nº 21 [15-03-2011]

Contido:

Neste programa nº 21:

1.Falamos sobre a Lei de augas de Galicia, lei coa que o Partido Popular pretende privatizar este recurso natural. Para saber das loitas que estanse levando a cabo para derrogar esta lei falamos con Carmen Freire, Secretaría Xeral do Sindicato Labrego Galego, tamén falamos dos actos organizados en Ferrolterra pola Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga e da manifestación convocada para este domingo 20 de marzo en Compostela.
Falamos tamen de dos documentais que tratan sobre a privatización da auga que son:
Flow: por amor ao auga
Sed:invasión gota a gota

2.Na sección de cociña fixemos : Sopa de espinacas

3.E continuamos co concurso: QUE LEVARÍAS TI NA CHAPA.
Concurso sobre lemas para poner nunha chapa, a persoa gañadora deste concurso levará un premio que ainda esta por decidir pero podería a chapa co seu lema, un cd recopilatorio das músicas de Atenta ou unha camisola de Rádio FilispiM.
Para participar escribide un comentario en esta entrada ou ben para poder saber quen eres escribirnos a atenta.rfm@gmail.com.

Os lemas ate agora son:

BUSCO AMANTE INTERNACIONALISTA PARA SEXO SEM FRONTEIRAS
•A AUGA E PARA Á VIDA COMO OS BEIJOS PARA A ALEGRÍA.
•BUSCO BEIJOS PARA BEBER ALEGRÍA
•A AUGA E O AMOR NOM SOM MERCADORIA


Música:
Se chove – Quempallou
Pinguinha – Amacuaca
Nuclear sí – Aviador Dro



Descargar o audio

9 de março de 2011

Atenta!! nº 20 [01-03-2011]

Programa especial sobre o 8 de marzo. Día Internacinal da Loita Feminista

Contidos:
Neste programa especial, falamos da historia do 8 de marzo, falamos cunha integrante da Marcha Mundial das Mulleres para que nos contase os actos preparados para a celebración deste día na Galiza, e tamen leimos o comunicado da Marcha

Música:
Respect - Aretha Franklin
Instinto Basico – Marisol Manfurada
Kapire – Himno Internacional da MMM
As mulheres do Minho – Dulce Pontes



Descargar o audio