Falamos sobre unha propaganda do Partido Popular que apareceu esta semana nos buzos da veciñanza do barrio de Caranza.
Falamos tamen do que esta acontecer estos días nun parque en Bos Aires (Parque Indoeuropeo) que esta a ser ocupado por persoas inmigrantes que reinvindican un anaco de terra para poder construir un fogar.
Falamos dunha nova de Uruguay sobre unha folga dos medic@s anestesistas e a comparamos coa Crisis d@s controladores e como actua cada un dos gobernos de Uruguay e o Estado Español en momentos de crisis.
Para rematar o programa falamos das figuras do Natal e do Apalpador
Na sección de sexo falamos de Asociacion Galega para a Saude Sexual pon en marcha unha campaña de sensibilización sobre os dereitos sexuais e reproductivos.
Na cociña fixemos unhas torradas.
Música:
Mis riñones - La Polla Records De Manzaneda a Marrakech - Los Cuchufellos Sin Papeles - Che Sudaka
Contido:
Falamos de Economia, a compañeira Lupe nos falou dos especuladores financieros, das deudas públicas dos paises, dos bancos.....
Fixemos un pastel de castañas
e falamos dos preservativos e os precios dos mismos.
Música:
La cacerola - Che Sudaka
Hacer Dinero - Amparanoia
Il mondo va bene - A Matraca Perversa
O seguinte tema que tratamos son as ultimas novidades o respeito da loita contra a Planta de Gas de Reganosa e para iso falamos con Manuel Carballeira, Coordinador do Comite Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Na cociña fixemos unhas Patacas Recheas
E na sección de sexo falamos das ultimas declaracións do Papa Benedicto sobre o uso do preservativo.
Sexto programa de Atenta!! na radio livre e comunitaria da Terra de Trasancos, Rádio Filispim no 93.9 FM
Contidos:
Falamos con Charo, integrante da Marcha Mundial das Mulleres para falar do 25 de Novembro e que nos contase como vai a encarar este ano a Marcha este Día Internacional contra a violencia machista.
E na sección de seco voltamos a falar das Bolas Chinas.
Música:
María se bebe las calles - Pasión Vega Come Mierda - La Polla Records.
Sintonía da cociña Cousiñas - Do disco TIC - TAC
Sintonia de sexo Pidechas o corpo - Ana Kiro.
Quinto programa de Atenta!! na radio livre e comunitaria da Terra de Trasancos, Rádio Filispim no 93.9 FM Contidos:
Entrevista con Avelino, traballador do Centro de Educación Especial "Souto de Leixa" que nos fala de por que a comunidade educativa e asistencial decidiu comezar un peche indefinido contra a privatización do "Souto de Leixa", no Pazo Municipal do Concello de Ferrol.
Falamos en directo co compañeiro Miguel que nos conta como se desenvolveu a concetracción de apoio o Pobo saharaui que realizaouse na Praza do Concello de Ferrol. Tamen escoitamos a conexión en directo que Radio Klara tivo con Isabel Terraza, activista de Resistencia Saharaui desde El Aaiun. Audio extraido da web de audios da URCM.
Tamen falamos de que o goberno de Corea do Sur, deportou á delegada da Marcha Mundial das Mulleres en Filipinas que intentou entrar no país e participar nas actividades da Acción Colectiva dos pobos contra o G20. Ela foi invitada por Korea Women's Alliance (KWA), como representante de organizacións de traballadoras e como delegada da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) - Filipinas.
Na nosa cociña fixemos un caldo de melón - cabaza.
Na sección de sexo falamos das bolas chinesas e da iniciativa de Olvido Aguilera, secretaria xeneral da Federación Andaluza de Servizos de UGT, de regalar estas bolas nun congreso da federación.
Música: Serafin - Ataque Escampe Kapire o Brasil Coa lingua de fora - Quempallou
Iniciativas de crítica, denuncia sobre a visita do Papa: Comunicado das Mulleres Crentes da igrexa galega , O Caminho a Teo ou plataformas en laicismo.org,
Falamos unha vez máis do carbón, neste programa sobre o carbón de importación que ven desde Indonesia e da explotación laboral que conleva a sua extracción. Extraido do documento Materiales oscuros.
Música: Seras féliz - Che Sudaka Salve - La Polla Records A nossa historia - Matraca Perversa
Neste programa nº 3 de Atenta! falamos dos seguintes temas.
Falamos das suxerencias que nos chegan o correo electrónico sobre temas dos que falamos no programa.
Falamos tamen do portal Wikileaks e a guerra de Irak.
Lle dimos un suspenso rotundo o periodico El Mundo, por o artigo do seu magazine do 17 de outubro, titulado Madre o Vaca, no que faise un ataque directo a Lactancia Materna.
Falamos tamen do cartos co goberno de Zapatero mandou a Haiti como axuda humanitaria e comparamos esta cantidade con outras cousas que se poden facer coa mesma cantidade e o pequena que se queda se o comparamos coa asignacion que teñen la casa real ou a igrexa catolica.
Na cociña fixemos unha ensalada variada.
E na sección de sexo fixemos unha comparación do pracer que produce facer o amor , tomar analxesicos ou consumir cocaina.
Abrimos una nova sección titulada As Aulas, onde falaremos sobre un libriño de obrigada lectura no que se analiza o sistema de pensións baixo o titulo "¿ Están en perigo as pensións públicas?" De Juan Torres, Vicenç Navarro e Alberto Garzón Espinosa e editado por ATTAC
A música que nos acompañou desta vez foi:
"Quiero más" de Che Sudaka "Jonny" da Polla Records "Barruntando" e "Merda do cu" da Compañía do Ruido "Como o vento" dos Diplomáticos de Monte Alto.
Do concepto de radio libre a raiz dunhas criticas que nos fixeron por que desde Atenta lle dimos un suspenso a Radio Kalimera polos seus informativos.
Fixemos unha cronica do que aconteceu en Vigo este domingo 17 de Outubro no III Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.
Falamos dun artigo sobre un conflicto tan manipulado como é o do asunto do carbón e as centrais térmicas atopado na web Artabra21
Falamos da pelicula "Cinzas no ceo"que trata sobre a contaminación das centrais térmicas.
Lembramos o Magosto en memoria de Anita, que terá lugar o 24 de outubro no Galicia de Caranza.
Fixemos o Camiño a Teo.
O día 6 de novembro chega o Papa a Compostela. Unha visita que durará exatamente 7 horas e 45 minutos e que custará ao erário público 4 millóns de Euros. Se queres fuxir da cidade e non sabes a onde, Sei o que nos Figestes e komunikando.net convidante a facer “O camiño a Teo”.
Fixemos uns ovos de San Xosé.
E falamos da primeira pelicula porno en galego e baixo licencia Cretive Commons "O divino ferrete".
Escoitamos a:
A Matraca Pervesa con seu tema "Mass Circus Mass Media"
E escoitamos o "Watercumbia" de Lamatumba interpretada pola primeira formación deste grupo.
12 de outubro dia dá resistencia indixena
Latinoamérica conmemora Día da Resistencia Indíxena
Os pobos latinoamericanos conmemoran, con distintos nomes, a data na que comezou a opresión colonialista xenocida que se prolongou por máis de tres séculos...
III Acción Internacional da Marcha Mudial das Mulleres
Falouse cunha muller da MMM de Vigo onde o vindeiro 17 de outubro vaise realizar a Acción Nacional Galega, con diversas actividades, exposicións e obradoiros, que terán como eixe central a constitución dun Tribunal de Acusación, a través do cal visibilizarase e denunciarase a situación que están vivindo as mulleres na RD do Congo.
Magosto en memoria de Anita.
Convocatoria para asistir o vindeiro 24 de novembro às 5 da tarde no Galicia de Caranza para celebrar o magosto que organizan as amigas, amigos e familia de Ana Paz Rodríguez, para lembrar o seu primer cabodano.
Manifesto das asociacións ecoloxistas a raiz do recen saido Decreto do Carbón.
As principais organizacións de defensa ambiental, entre elas Verdegaia, presentaron o manifesto “Dez razóns para pechar as térmicas de carbón”, no que se opoñen ao decreto estatal que favorece a queima de carbón espanhol nas centrais térmicas, mais non porque prejudique as centrais galegas de Meirama e As Pontes -que usan só carbón importado desde 2008- senón porque o carbón é o combustible fósil máis contaminante.
Na sección suspenso e aprobado
Dimoslles un suspenso aos contrainformátivos espontaneos do 6 de setembro da Radio Kalimera pola critica totalmente destructiva e sen argumentos que fan dos sindicatos e da foga xeral do 29 de setembro.Extendimos o suspenso a Rádio Filispim por emitir uns contrainformátivos carentes de cualquier tipo de argumentación.
E lle dimos un aprobado a unha xuiza de Ferrol que fallou a favor dun emigrante que vendia no top manta.
Na seccion de cociña
Fixemos unha Crema de Leituga, a recita colgaremola no apartado de Cociña neste blog.
Na sección de sexo
Falamos do libro "Peter Pan puede crecer" de Antoni Bolinches
Peter Pan é un personaxe que nunca existiu, pero o seu perfil de mozo inmaduro que non quere crecer cada día está máis presente na nosa sociedade. Cales son as causas que provocaron a proliferación de tantos homes con medo ao compromiso que se negan a evolucionar e a comportarse como adultos? Que pode facer o propio home Peter Pan para deixar de selo?
Esas son as dúas preguntas que contesta este apaixonante libro chamado a convertise nunha guía imprescindible para que os mozos do século XXI atopen o xeito de crear un novo modelo de relacións de xénero no que os homes deixen de refuxiarse no País de Nunca xamais e decidan orientarse cara ao País do Presente e o Agora. Alí atoparán a mulleres que xa non queren ser como Wendy, pero están dispostas a construír con eles un futuro mellor para todos.
ANTONI BOLINCHES (Barcelona 1947) é Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación con grao de Licenciado en Psicoloxía e Máster en sexualidade humana. É un dos introductores da psicoloxía humanista en España e, desde este enfoque, especializouse no tratamento dos conflitos de parella, as disfuncións sexuais e as terapias de crecemento persoal
MÚSICA QUE NOS ACOMPANHOU:
"Shingonbelene" do cantautor galego Narf
"Somos viento" de Amaparanoia
"Ninguem" de Quempallou e DKTC
"Igrega Catodica" de Galegoz
"Sintonia do programa ATENTAAAAAAA"