Páginas

10 de novembro de 2010

Programa nº 5 de Atenta

Quinto programa de Atenta!! na radio livre e comunitaria da Terra de Trasancos, Rádio Filispim no 93.9 FM
Contidos:
  • Entrevista con Avelino, traballador do Centro de Educación Especial "Souto de Leixa" que nos fala de por que a comunidade educativa e asistencial decidiu comezar  un peche indefinido contra a privatización do "Souto de Leixa", no Pazo Municipal do Concello de Ferrol.
  • Falamos en directo co compañeiro Miguel que nos conta como se desenvolveu a concetracción de apoio o Pobo saharaui que realizaouse na Praza do Concello de Ferrol. Tamen escoitamos a conexión en directo que Radio Klara tivo con Isabel Terraza, activista de Resistencia Saharaui desde El Aaiun. Audio extraido da web de audios da URCM.
  • Tamen falamos de que o goberno de Corea do Sur, deportou á delegada da Marcha Mundial das Mulleres en Filipinas que intentou entrar no país e participar nas actividades da Acción Colectiva dos pobos contra o G20. Ela foi invitada por Korea Women's Alliance (KWA), como representante de organizacións de traballadoras e como delegada da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) - Filipinas.
  • Na nosa cociña fixemos un caldo de melón - cabaza.
  • Na sección de sexo falamos das bolas chinesas e da iniciativa de Olvido Aguilera, secretaria xeneral da Federación Andaluza de Servizos de UGT, de regalar estas bolas nun congreso da federación.

Música:
Serafin - Ataque Escampe
Kapire o Brasil
Coa lingua de fora  - Quempallou


Descargar o audio

Nenhum comentário: