Páginas

25 de novembro de 2010

Programa nº 07 [23-11-2010]

Falamos con:

Belen Puñal, responsable de Igualdade do Colexio de Xornalistas de Galicia (CPXG) e coautora do informe "A representación da prostitución nos medios de comunicación galegos".
O informe ; analiza a representación da prostitución, a explotación sexual e o tráfico e a trata de persoas con fins de explotación sexual nos medios de comunicación galegos.
Descarga o informe nos seguintes links.
Informe: capítulo 1 pdf, 1,12 mb
Informe: capítulo 2 (1ª parte) pdf, 1,7 mb
Informe: capítulo 2 (2ª parte) pdf, 1,97 mb
Informe: capítulo 3 (1ª parte) pdf, 1,84 mb
Informe: capítulo 3 (2ª parte) pdf, 1,13 mb
Informe: capítulo 4 pdf, 1,84 mb
Informe: capítulo 5, anexo e bibliografía  pdf, 911,65 kb

O seguinte tema que tratamos son as ultimas novidades o respeito da loita contra a Planta de Gas de Reganosa e para iso falamos con Manuel Carballeira, Coordinador do Comite Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Na cociña fixemos unhas Patacas Recheas

E na sección de sexo falamos das ultimas declaracións do Papa Benedicto sobre o uso do preservativo.

Música queacompañounos:

Ou iso parecia - Balakandra
Moa a moa - Os Cempes




Descargar o audio

18 de novembro de 2010

Programa nº 06 de Atenta

Sexto programa de Atenta!! na radio livre e comunitaria da Terra de Trasancos, Rádio Filispim no 93.9 FM

Contidos:

  • Falamos con Charo, integrante da Marcha Mundial das Mulleres para falar do 25 de Novembro e que nos contase como vai a encarar este ano a Marcha este Día Internacional contra a violencia machista.
  • Na nosa cociña fixemos unha caldeirada de Pescada
  • E na sección de seco voltamos a falar das Bolas Chinas.

Música:

María se bebe las calles - Pasión Vega
Come Mierda - La Polla Records.
Sintonía da cociña Cousiñas - Do disco TIC - TAC
Sintonia de sexo  Pidechas o corpo - Ana Kiro.


Descargar o audio

10 de novembro de 2010

Programa nº 5 de Atenta

Quinto programa de Atenta!! na radio livre e comunitaria da Terra de Trasancos, Rádio Filispim no 93.9 FM
Contidos:
  • Entrevista con Avelino, traballador do Centro de Educación Especial "Souto de Leixa" que nos fala de por que a comunidade educativa e asistencial decidiu comezar  un peche indefinido contra a privatización do "Souto de Leixa", no Pazo Municipal do Concello de Ferrol.
  • Falamos en directo co compañeiro Miguel que nos conta como se desenvolveu a concetracción de apoio o Pobo saharaui que realizaouse na Praza do Concello de Ferrol. Tamen escoitamos a conexión en directo que Radio Klara tivo con Isabel Terraza, activista de Resistencia Saharaui desde El Aaiun. Audio extraido da web de audios da URCM.
  • Tamen falamos de que o goberno de Corea do Sur, deportou á delegada da Marcha Mundial das Mulleres en Filipinas que intentou entrar no país e participar nas actividades da Acción Colectiva dos pobos contra o G20. Ela foi invitada por Korea Women's Alliance (KWA), como representante de organizacións de traballadoras e como delegada da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) - Filipinas.
  • Na nosa cociña fixemos un caldo de melón - cabaza.
  • Na sección de sexo falamos das bolas chinesas e da iniciativa de Olvido Aguilera, secretaria xeneral da Federación Andaluza de Servizos de UGT, de regalar estas bolas nun congreso da federación.

Música:
Serafin - Ataque Escampe
Kapire o Brasil
Coa lingua de fora  - Quempallou


Descargar o audio

3 de novembro de 2010

Programa nº 4 de Atenta

Cuarto programa de Atenta!! na radio livre e comunitaria da Terra de Trasancos, Rádio Filispim no 93.9 FM

Contidos:

Música:
Seras féliz - Che Sudaka
Salve - La Polla Records
A nossa historia - Matraca Perversa


Descargar o audio